jueves, 22 de diciembre de 2011

Greenpeace en imaxes. Ano 2011


As accións de Greenpeace este ano 2011

jueves, 8 de diciembre de 2011

Relato

Encantoume o 3º relato!!

martes, 6 de diciembre de 2011

A loita pola auga en Cajamarca


A loita pola auga en Cajamarca
Unha empresa Yanacocha quere desecar 4 lagoas e tamén os manantiais para extraer ouro.
A xente baixa de tódalas comunidades a Cajamarca para protestar contra esto. Para loitar pola auga e pola sua propia supervivencia.
Cajamarca, Perú
Recórdame moito á película "También la lluvia"

lunes, 5 de diciembre de 2011

Apaga as luces!!


Non fagas rabear ao can!!
Apaga as luces, o Standby tamén consume!!
Ao meu afillado de 2 anos encántalle este vídeo. Non sei por qué porque non pode entendelo moito pero quere velo unha e outra vez.

jueves, 24 de noviembre de 2011

sábado, 12 de noviembre de 2011


Curta "El circo de las mariposas"
"Canto máis grande sexa a proba, máis glorioso é o triunfo"

viernes, 4 de noviembre de 2011

viernes, 21 de octubre de 2011

Ensino público

martes, 27 de septiembre de 2011

Defensa do ensino público


Eu creo que o PP non sabe a definición de RECORTES: que cosulten por favor na RAE.
Menos profesores e máis alumnos.
77 colexios pechados no 2010 e 7 concertos máis con colexios privados en Galicia.
Máis cartos para a concertada, menos para a pública.
E a Consellería de Educación dí que só van á folga o 15% dos profesores.
Que non nos mintan máis.
Conselleiro de educación, dimite porque non tes vergonza.
Esperancita, aprende a escribir por favor.

viernes, 8 de julio de 2011


Todavía quedan políticos decentes e que non len discursos.

lunes, 27 de junio de 2011

Spanish revolution

viernes, 13 de mayo de 2011

Adoro esa praia, é un dos lugares máis fermosos do meu mundo.
Adoro chegar polas mañás e ver a intensidade do mar e do ceo, é complicado explicar con palabras.
Cando chego coa miña táboa, síntome a persoa máis feliz do mundo... Loita contra a natureza, loita bestial ás veces.
Dóenme os brazos, dóenme as pernas, dóeme a alma incluso cando loito contra o mar e sei que non podo con él.
Dóeme cando non podo gañar.
Dóeme perder.
Non me gusta perder.
Pero vale a pena sentir a sua forza e envolverme nel. Rodearme del.
Querería berrar, pero chámanme a atención.
Cando ninguén está na praia escóitase todo.
Pero berraría interminablemente, ata botar fora as olas da miña vida.
Berraría sin parar porque son feliz, intensamente feliz.
Feliz no meu lugar, no meu mar.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Chernobyl: 20 años después


A verdade é que resulta estremecedor e duro ver esta reportaxe. Contén imaxes moi fortes.
Despois de ver algo así, de saber que Chernobyl existiu e está bastante cerca, é imposible estar a favor da enerxía nuclear.

Diario de una amenaza (Central Nuclear)


2ª parte

3ª parte
4ª parte
5ª parte
6ª parte

viernes, 21 de enero de 2011

Comprar, tirar, comprar


Mercas a tua impresora, pasa un tempo e deixa de funcionar. Así, sin máis. A razón? Estas impresoras están programadas para que despois dun número de impresións remate a sua vida útil.
Baterías que "morren" aos 18 meses de ser estreadas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións, bombillas que se funden ás mil horas... Por que, pese aos avances tecnolóxicos, os productos de consumo duran cada vez menos?
"Comprar, tirar, comprar" este documental emitiuse o 9 de xaneiro de 2011 en tve2.
Trata sobre a manipulación dos productos para que se estropeen ou se bloqueen nun tempo programado polo fabricante e así ter que volver marcar un novo e tirar o que non funciona. Aparece un novo término, o de Obsolescencia programada.

martes, 4 de enero de 2011

Domingo astromántico


O vídeo non é moi bo, mellor escoitar cos ollos pechados...
Para cando os domingos se fan especiais...