viernes, 13 de mayo de 2011

Adoro esa praia, é un dos lugares máis fermosos do meu mundo.
Adoro chegar polas mañás e ver a intensidade do mar e do ceo, é complicado explicar con palabras.
Cando chego coa miña táboa, síntome a persoa máis feliz do mundo... Loita contra a natureza, loita bestial ás veces.
Dóenme os brazos, dóenme as pernas, dóeme a alma incluso cando loito contra o mar e sei que non podo con él.
Dóeme cando non podo gañar.
Dóeme perder.
Non me gusta perder.
Pero vale a pena sentir a sua forza e envolverme nel. Rodearme del.
Querería berrar, pero chámanme a atención.
Cando ninguén está na praia escóitase todo.
Pero berraría interminablemente, ata botar fora as olas da miña vida.
Berraría sin parar porque son feliz, intensamente feliz.
Feliz no meu lugar, no meu mar.