martes, 27 de septiembre de 2011

Defensa do ensino público


Eu creo que o PP non sabe a definición de RECORTES: que cosulten por favor na RAE.
Menos profesores e máis alumnos.
77 colexios pechados no 2010 e 7 concertos máis con colexios privados en Galicia.
Máis cartos para a concertada, menos para a pública.
E a Consellería de Educación dí que só van á folga o 15% dos profesores.
Que non nos mintan máis.
Conselleiro de educación, dimite porque non tes vergonza.
Esperancita, aprende a escribir por favor.

viernes, 8 de julio de 2011


Todavía quedan políticos decentes e que non len discursos.

lunes, 27 de junio de 2011

Spanish revolution

viernes, 13 de mayo de 2011

Adoro esa praia, é un dos lugares máis fermosos do meu mundo.
Adoro chegar polas mañás e ver a intensidade do mar e do ceo, é complicado explicar con palabras.
Cando chego coa miña táboa, síntome a persoa máis feliz do mundo... Loita contra a natureza, loita bestial ás veces.
Dóenme os brazos, dóenme as pernas, dóeme a alma incluso cando loito contra o mar e sei que non podo con él.
Dóeme cando non podo gañar.
Dóeme perder.
Non me gusta perder.
Pero vale a pena sentir a sua forza e envolverme nel. Rodearme del.
Querería berrar, pero chámanme a atención.
Cando ninguén está na praia escóitase todo.
Pero berraría interminablemente, ata botar fora as olas da miña vida.
Berraría sin parar porque son feliz, intensamente feliz.
Feliz no meu lugar, no meu mar.