martes, 27 de noviembre de 2012

Pes descalzos

Pes descalzos con vistas á cidade máis espectacular e contradictoria que vin na miña vida.
Descalzarse para contemplar o lugar onde viven case doce millóns de persoas.
Descalzarse para sentir que estás no lugar máis espectacular deste planeta.
Descalzarse para tocar a terra. Despois de 2 semanas pisando ansiosa e sen descanso o asfalto de Río de Janeiro, precisaba urxentemente tocar esa terra vermella.
Praia de Flamengo e ponte de Niteroi.
Río de Janeiro
Agosto de 2010