miércoles, 13 de febrero de 2013

Ver películas completas arxentinas

Bueno, non sei o que me pasa que comecei o ano obsesionada co cine arxentino.
Non podo ver outra cousa que non sexa cine arxentino. Será unha enfermidade?
E o peor das miñas obsesións é a consiguiente planificación. Xa non podo parar ata aterrar en Arxentina. Xa no podo pensar noutra cousa. Pensei en facer algo así como o Che, pero en bicicleta, a miña loucura e a ecoloxía ante todo.
En youtube pódense ver moitas películas arxentinas completas
Vou poñer os enlaces para ver estas películas. Tamén vou poñer unha nota, a miña nota.
Películas que xa vin:
  • Alma mía. Nota: 8
  • Elefante blanco A primeira parte dura 10 minutos, pero están todas as partes posteriores. Maravillosa e imprescindible película. Eu coñecín as favelas de Sao Paulo e de Río de Janeiro, pero as de Arxentina son moi parecidas. Sempre é o mesmo. Nota: 9
  • Los paranoicos. Encantoume esta película. Adoro a banda sonora, a orixinalidade da película a loucura e ao actor principal. Nota: 10
  • Un cuento chino. Nota: 6. O mellor Ricardo Darín.
  • El Otro. Nota: 5